Resume do proxecto
Foron os xornalistas
Manuel Leguineche e Jesús Torbada cando 1977 cando publicaron o libro “Os topos” os que crearon un
novo termo para referirse os españois que tiveron que esconderse para
evitar a represión franquista.
O termo "TOPO" vén de que moitos deles fixeron zulos baixo terra, e aínda que a maioría destes casos rexistráronse en
Castela, Levante e Andalucía, en Lugo tamén tivemos exemplos. Só no Saviñao,
polo menos unha ducia de homes tiveron que inxenialas para evitar a
persecución da que eran obxecto. Ramón Pérez Vispo foi un deles.
Estivo escondido uns mil días, entre o 1936 e 1940,
neste tempo mesmo estivo loitando
durante un curto período
co bando republicano e incluso o
recluíron nun campo de concentración do que puido fuxir.
Esta é polo tanto a historia dun
topo de Escairón, pero tamén a de
outros represaliados do franquismo, e mesmo dunha revolta campesiña na
primaveira de 1946 en O Saviñao.
O Saviñao é un municipio
meridional da provincia de Lugo con capital en Escairón, que chegou a contar
en 1946 cuns 15.000 habitantes, achándose entre os máis densamente poboados
da provincia. Como aproximadamente o 70% dos municipios lucenses, estaba
infradotado e presentaba unha gran dependencia respecto de Monforte, a súa
cabeza de partido xudicial e capital comercial da zona sur da provincia.
Así, a única vía de tránsito realmente dispoñible no municipio era a estrada
Monforte-Lalín, o resto eran máis ben camiños e non existían estacións de
ferrocarril.
Como na maioría dos municipios de
Lugo, a súa principal produción era a agropecuaria, destacando a cerealista
e vitícola, nun réxime de tenencia da terra no que predominaba a pequena
propiedade.
No que respecta
ao comportamento político e social durante a República, as asociacións de
carácter socialista tiñan unha forte implantación no Saviñao e en
practicamente toda a área do sur da provincia, sobre todo en Monforte, sendo
ademais bastante activas. A raíz do alzamento militar do 18 de xullo de
1936, nos primeiros días formáronse gardas armadas en Escairón, a capital do
Saviñao, se requisaron armas e formáronse grupos de obreiros que, xunto con
outros de Monforte e Sarria, dirixíronse á capital lucense o 20 de xullo
para apoiar ao Gobernador Civil republicano.
Os detidos e procesados nos
primeiros anos serano por estes feitos, destacando ademais do que neste
traballo é obxecto de estudo, Ramón Pérez Vispo, o ingreso en
prisión de José Losada Ferreiro, o alcalde socialista durante a
Fronte Popular, fuxido desde o inicio da contenda, detido en 1939 e
condenado a 12 anos e un día de prisión por un delito de auxilio á rebelión
e que foi de novo detido no ano 1947 por un delito de «auxilio a
malfeitores», concretamente ao guerrilleiro José Castro Veiga, alias
«O Piloto», ao que presuntamente axudou a recrutar algúns mozos da zona
para integrar a súa partida.