Ramón Pérez Vispo "O Topo de O Saviñao"
|
Ramón Pérez VispoRamón Pérez Vispo naceu o 18 de Novembro de 1904 en Allariz (Ourense), fillo de Benito e de Elisa, logo de cursar estudios nesta localidade Ourensá, chega a Escairón a finais dos anos 20 para traballar como zapateiro. Alí coñeceu a Paz Losada, coa que casou e ten tres fillos: Enrique, Elisa e Paz.
Cando estalou a guerra, Ramón que contaba 31 anos, dado o seu pasado sindicalista, tivo que esconderse, pero se xa non era pouco ocuparse de evitar á Garda Civil, tíñase que encargar tamén de manter á súa familia,... que logrou sacar adiante facendo o que mellor sabía facer; zapatos. De feito cando non había perigo, colocábase á beira do seu escondite ou no faiado e cosía zapatos, axudado pola súa muller. Durante moito tempo a xente do pobo non sabía se Ramón estaba ou non na casa, pero todos sospeitaban que sí. Logo de un tempo no frente de León e mesmo de un periodo en un campo de concentración do que logra fuxir gracias o seu cuñado Baldomero, regresa a Escairón e alí permanece agochado ata que en marzo de 1940 a Garda Civil decide deter no cárcere a case toda a súa familia como medida de presión para que se entregue. A súa muller e as súas cuñadas foron enviadas a prisión sen xustificación algunha. Catro días máis tarde, o 8 de marzo, Ramón decide entregarse.
"Cando chegou ó cuartel, ou garda que estaba alí, que era un dous peores, preguntoulle: Que quere vostede?,.. e Ramón contestoulle: -Tantos anos buscándome e non sabes quen son.
Foi xulgado por auxilio á rebelión, e condenado a 6 anos e internado na cela número 14 do antigo cárcere de Lugo.
O 16 de outubro de 1941 (un ano, sete meses e sete días despois do seu ingreso en prisión) recibiría a liberdade condicional pola súa boa conducta.
Con 35 anos reinicia unha nova vida xunto á súa muller e os seus tres fillos, montando unha fábrica de zapatos de Escairón, na que traballa duro durante case 30 anos.
Tras saír do cárcere, Ramón Pérez Vispo regresou a súa vida normal, pero as súas conviccións ideolóxicas fixeron volver de novo á actividade política, e participa na organización da oposición ao réxime franquista ligado o Partido Comunista, non porque fora comunista senón porque este partido era ou único que facía algo, e como tal participa das revoltas protagonizadas polas mulleres de Escarión na primavera de 1946.
As grandes diferencias de criterio a hora de organizar esta oposición o réxime fan que un coñecido Maquis que actuaba no sur de Lugo, "O Piloto", chegue a ameazalo de morte.
En novembro de 1963 morre a súa muller, e principal apoio durante todo este tempo.
Anos mais tarde, en maio de 1999 cando xa contaba con moita menos saúde foille imposta a medalla de ouro da UXT en recoñecemento a súa labor durante a guerra civil.
Ramón Pérez Vispo, falece o 18 de xullo do ano 2000 na súa casa de Escairón.
|
|
|