Ramón Pérez Vispo "O Topo de O Saviñao"

horizontal rule

Escondites

horizontal rule

Principal Arriba Proxecto Outros Represaliados Revolta do 46 Anexos Contacto Créditos

Os escondites de Ramón

Imaxes da casa donde Ramón  construíu o Zulo

A casa está situada no centro do pobo de Escairón.

No chan da adega da casa, Ramón construíu un zulo de pequenas dimensións. Para disimular a entrada colocouse unha gran xaula de coellos. Cando chegaba a Garda Civil para realizar un rexistro, Ramón levantaba a tapa da xaula, apartaba os coellos, levantaba a parte inferior da gaiola e metíase no buraco. Para poder acceder con maior facilidade desde a planta superior da vivenda construíu baixo unha cama unha trampilla que lle permitía acceder á adega en poucos segundos. O zulo dispuña, ademais, dunha saída de urxencia ao exterior da casa. O agocho, con todo, expuña algúns problemas. "Nunca ocasión, anegouse e Ramón tivo que meterse alí coa auga ata a gorxa. Ademais, unha vez que estaba cuns amigos, tamén fuxidos, chegou a Garda Civil e vos tres tiveron que meterse naquel espazo 'tan reducido", recorda Milagres Losada; unha das cuñadas de Ramón. Co tempo, construirían outro agocho no faiado. Subíase á mesa do comedor e a través dunha trampilla accedía a un pequeno habitáculo entre o tellado e o teito da planta alta da vivenda. O faiado, ademais, estaba comunicado coas casas dos veciños. Collelo, polo tanto, non era fácil.

Os rexistros eran relativamente habituais. A Garda Civil foi polo menos unha ducia de veces, cando fixeron o primeiro rexistro, Ramón aínda non estaba na casa, pero despois volveron moitas veces, estando el agochado.,

Habitualmente, a Benemérita rodeaba a casa e era a sogra do fuxido, Ramona, a que abría a porta. Ela era unha muller moi relixiosa e que ademais axudou a parir ás mulleres dalgúns gardas civís, e polo tanto respectaban bastante, e así mentres ela entretíñaos para darlle tempo a Ramón a chegar ó seu agocho.

ESCONDIDOS.

Ramón non era o único topo que había en Escairón. Polo menos unha ducia de militantes de esquerda intentaron evitar a represión franquista escondéndose. Co tempo algúns fuxiron e outros cometeron o erro de entregarse antes de tempo. Isto foi o que lle ocorreu a Antonio dos Follés. Era o fillo do médico do pobo e o seu pai, unha persoa con certa influencia, recomendoulle que se presentase porque non cometera ningún delito. Iso, ao parecer, era o de menos e foi fusilado a finais de 1936. Unha sorte semellante correu o Ruso.

As mulleres da familia libráronse dun dos castigos máis habituais do momento, raparlles o cabelo, porque se opuxo o xefe local da Falanxe, pero non puideron evitar acabar no cárcere. O 4 de marzo de 1940, a Garda Civil decide levar a prisión á familia de Ramón para obrigarlle así a entregarse.

Milagres Losada, cuñada do topo; recorda que "os gardas chegaron á casa e alí estaban os meus pais e as miñas irmáns Paz (muller de Ramón) e Virginia. Dixéronos que iriamos todos para a cárcere pero a miña nai negouse porque ou meu pai estaba enfermo e como lle tiñan certo respecto deixarona". Coa súa avoa quedaron os nenos da familia.

Primeiro leváronas a Monforte e despois a Lugo. As cárceres estaban chea de xente e en cada cela había unhas vinte persoas. Non lles pegáron, pero aquelo era moi duro. "En concreto, engade,  había un carceleiro, ó que lIe chamaban Militón que era do peor. Cando nos deixaban saír ó patio, cegaba Militón e berraba: RecolIede as pitas para ou galiñeiro. Tratábannos con desprezo", sinala. Afortunadamente, tiñan familia en Lugo que lles enviaba alimentos, evitando así o rancho carcelario. Ramón entregouse o 8 de marzo, pero elas non foron liberadas ata o día 28 do mesmo mes.

Atrás Principal Arriba Siguiente

horizontal rule

Principal | Proxecto | Ramón Pérez Vispo | Outros Represaliados | Revolta do 46 | Anexos | Contacto | Créditos
Se queres facernos chegar a túa opinón sobre este proxecto podes facelo en: info@xarela.com
Última actualización: 20 de outubro de 2007

Subvencionado por: