Ramón Pérez Vispo "O Topo de O Saviñao"
|
|
BANDO REPUBLICANO.
"Chegou un momento no que Ramón se plantexou que ía facer, porque a guerra ía para longo e a situación era moi difícil" . Foi entón cando, logo de varios meses escondido na súa casa, a mediados de 1937, Ramón Pérez Vispo decide pasarse ao bando republicano e conségueo coa axuda dun veciño que lle prestou o seu uniforme para chegar á fronte de León, unha aventura moi complicada, pero inda que aínda que pareza imposible, finalizou con éxito.
Este veciño, Rálvas que fora cabo primeiro do Exército nacional prestoulle o seu uniforme e acompañoulle ata a fronte de León. Ao chegar alí, volveu vestirse de civil e logrou pasar ao outro bando.
Loitou durante poucos meses, xa que o 10 de outubro de 1937 a situación do Exército republicano no norte xa era desesperada e comézase a evacuar as forzas por mar. Ramón, con todo, será feito prisioneiro en Santander e enviado a un campo de concentración, situado no convento de Santa Espiña, a sete quilómetros da localidade valisoletana de Medina de Rioseco (provincia dea Valladolid).
|
|
|