Ramón Pérez Vispo "O Topo de O Saviñao"
|
|
No campo de concentración de Medina de Rioseco (provincia dea Valladolid), estivo pouco máis de dous meses, ata protagonizar unha evasión incrible polo sinxela que resultou realizala.
Baldomero Losada Fernández, cuñado de Ramón visitouno en tres ocasións. "Sabiamos que estaba preso porque lle escribiu unha carta á súa muller. A primeira vez que fun ver, ía cargado de comida, con empanadas e filetes. No campo de concentración había ao redor de dous mil homes, e polo menos durante o tempo que estivo alí, non sufriu malos tratos, nin pasou demasiada fame. Ramón cambiara o seu nome auténtico polo de Ricardo Pérez. "Cando cheguei ó convento comezaron a chamalo polo nome de Ricardo, pero non contestaba ninguén, polo que comecei a percorrer vos claustros do convento mirándolles a cara a todolos presos. Ó final foi el o ou que atopou a Baldomero, porque este xa estaba un tanto mareado de buscar,
|
|
|