Ramón Pérez Vispo "O Topo de O Saviñao"
|
|
JOSÉ LOSADA FERREIRO, el alcalde socialista durante el Frente Popular, huido desde el inicio de la contienda, detenido en 1939 y condenado a 12 años y un día de prisión por un delito de auxilio a la rebelión. Fue de nuevo detenido en el año 1947 por un delito de «auxilio a malhechores », concretamente al guerrillero José Castro Veiga, alias «El Piloto», al que presuntamente ayudó a reclutar algunos jóvenes de la zona para integrar su partida. ANTONIO LOSADA FERREIRO, Canillas, natural e veciño de Escairón, durante os primeiros días do Glorioso Movemento Nacional, estivo na localidade, véndoselle reunido con outros do seu ideario en grupos, sen que se poida concretar portaba armas nin tivese parte na incautación de explosivos, desde cuxa data estivo fuxido ata que efectuou a súa presentación en igual forma que o anterior. Durante o período da República foi condenado a catro meses e un día por tenencia ilícita de armas e a 2 e un día por estafa e sancionado gubernativamente por tomar parte nunha cencerrada. No ano de 1931, figuraba afiliado co nº 4 no comité marxista de Escairón, desde cuxa data non aparece afiliado, é de ideario esquerdista, de carácter sereno e quizá de acción en momentos de perigo, foi afeccionado ao xogo. ARMANDO LOPEZ LOSADA, durante os primeiros días do Glorioso Movemento, patrullou con armas longas pola poboación, é de carácter extravagante, sendo instrumento dos dirixentes, influenciado máis ben pola familia da súa esposa desde cuxa data estivo fuxido ata que se presento do mesmo xeito que os anteriores, en 10 de marzo último(1939); durante o primeiro período da República, foi simpatizantes de esquerdas, máis entusiasta de tal ideal nos últimos anos, figurando afiliado nos comités marxistas de Escairón co nº 42 en 1936.LUÍS RODRÍGUEZ LOSADA, durante os primeiros días do Glorioso Alzamento Nacional, formou parte dos grupos que circularon pola poboación, é de rumor público andou con armas un día, cando ao parecer non as sabía manexar ben, fuxiu despois en cuxa situación estivo ata a súa presentación en 10 de marzo pasado; durante o período da República e fronte popular foi moi entusiasta de causa marxista, sendo moi influenciado pola súa esposa; en 1933 figuraba afiliado no comité con o nº 3 e en 1936 co 8. (...) Durante todo este tempo algúns fuxiron e outros cometeron o erro de entregarse antes de tempo. Isto foi o que lle ocorreu a ANTONIO DO FOLLÉS. Que era o fillo do médico do pobo e o seu pai, unha persoa con certa influencia, recomendoulle que se presentase porque non cometera ningún delito. Iso, ao parecer, era o de menos e foi fusilado a finais de 1936. Unha sorte semellante correu o Ruso.
|
|
|